send link to app

Turismo Ribeira Galego


4.0 ( 6400 ratings )
Viajes
Desarrollador VEINTISIE7E MULTIMEDIA, S.L.
Libre

Turismo Ribeira nace coa idea de facilitarche as mellores vacacións da túa vida na preciosa localidade galega.

A App sérvelle tanto aos visitantes como aos propios veciños para ter nas súas mans a posibilidade de organizar itinerarios de lugares que visitar, cargándoos na sección favoritos, así como, ter a guía definitiva da hostalería ribeirense.

Con esta App nas túas mans, poderás acceder e ter información de maneira fácil, de todos os lugares máis incribles: miradoiros, praias, parques, espazos naturais únicos... así como museos, arqueoloxía, patrimonio, etnografía, cultura mariñeira e todo o que necesitas para coñecer Ribeira tanto no ámbito natural como no cultural.

Como non, tamén poderás decatarche e saber os eventos deportivos, culturais, festivos e turísticos que che ofrece a localidade.

Moi importante a accesibilidade, que a temos moi en conta para que selecciones os lugares que visitar segundo as túas condicións físicas ou as dos teus acompañantes.

Goza de Turismo Ribeira como o que é, a mellor acompañante para indicarche todo o bo que é coñecer este impresionante concello.